Publicamos as bases do II Concurso de fotografía, esta vez de temática matemática, no marco das actividades do mes de libro.
BIBLIOMOAS
domingo, 22 de abril de 2018
xoves, 19 de abril de 2018
II Concurso de Microrrelatos do Grupo Dado
Os clubs de lectura dos seis centros que conformamos o grupo DADO asistimos á tradicional gala de entrega de premios no Ágora. Os nosos finalistas: Juan Vila e Xabier Martínez de 1º de ESO tiveron unha actuación maxistral.
Deixamos aquí un vídeo-resumo da gala e outro da actuación completa de de Xabier (ao acordeón) e Juan.
.
domingo, 8 de abril de 2018
QUEN SON? Concurso literario
Anímate a descubrir estes escritores e personaxes da literatura universal.
Xoga na casa , no insti , cos teus colegas e gaña unha suculenta tarxeta regalo de FNAC e algunha que outra sorpresa.
- Quen pode participar? TODO O ALUMNADO
- Cando? Do 9 ao 27 de abril
- Como xogar? So tes que clicar enriba dos persoeiros e automáticamente sae un recadro coas pistas. É MOI FÁCIL.
- Como entregar as respostas? Vainas anotando nun papel e cando as teñas...
Quen gañe o concurso recibirá o premio a primeira semana do mes de maio.
Anímate. Gaña o que consiga máis respostas acertadas.
Agora... A XOGAR...!!!
Ilustración de Fernando Vicente para Escola d'escriptura
xoves, 5 de abril de 2018
Actividades MES DO LIBRO
Durante as vindeiras semanas iremos publicando o desenvolvemento de todas as actividades programadas para este MES DO LIBRO. Polo de agora, para ir facendo boca...
martes, 3 de abril de 2018
Teatro no instituto


domingo, 18 de marzo de 2018
Presentación de TARDES DE DOMINGO de Ramona Giráldez
"O venres 16
de maio tivo lugar a presentación da obra poética "Tardes de domingo"
da nosa compañeira e profesora deste centro, Ramona Giráldez Domínguez,
ilustrada por Luz Arufe.
O acto moi ben organizado uniu varias xeracións de
alumnado e profesorado deste instituto no acolledor local de Portas Ártabras. O
numeroso público asistente desfrutou tanto da presentación da obra, por parte
de Leticia Eirín, como do recital de poesía e da música de “Os
Invisibles" (alumnado de Monte das Moas).
Parabéns a tod@s, especialmente a Ramona por facelo tan emotivo."
![]() |
Retallo da emotiva presentación. Ramona Giráldez no centro da imaxe. |
![]() |
Os alumnos Andrés Rey e María Rodríguez, ambos de 2º de BAC,. nun momento da súa actuación |
luns, 5 de marzo de 2018
Día da Muller: Mulleres Inventoras
Como xa ven sendo habitual , no IES Monte das Moas reunímonos mulleres da comunidade escolar (profesoras, alumnas e persoal non docente) para realizar a nosa máis sentida homenaxe a mulleres de moita valía ao longo da historia, nesta ocasión a MULLERES INVENTORAS.
Velaqui a exposición que podedes contemplar na entrada do instituto:
E aquí amosamos as ACTIVIDADES para traballar coa exposición.
Actividades Mulleres Inventoras by Bibliomoas on Scribd
Tamén deixamos un interesante vídeo relacionado coa nosa exposiciónE ti, serías quen de nomear algunha muller inventora?
xoves, 22 de febreiro de 2018
Charla de LEDICIA COSTAS no instituto
Hoxe tivemos a honra de recibir á premiada autora no noso centro. Gozamos das súas historias, simpatía e cercanía...o alumnado non paraba de facerlle preguntas!!!
Emotiva charla para a nosa rapazada lectora e a que nos veu visitar doutros centros: IES Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Monelos e IES Agra do Orzán.
Grazas a todos por compartir esta experiencia e especialmente ao grupo de alumnas do club de lectura de 2º de ESO e á súa profesora, Carme Manso, por facer unha magnífica presentación da escritora.
Se premedes na foto poderedes ver unha reportaxe fotográfica do evento.
![]() |
Rapazas do club de lectura de 2º ESO con Ledicia Costas |
mércores, 14 de febreiro de 2018
LEDICIA COSTAS no IES Monte das Moas
O vindeiro xoves 22 de febreiro teremos a gran honra de recibir a LEDICIA COSTAS a escritora de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta que están a traballar no club de lectura de 2º de ESO.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Agardamos tamén a presenza de alumnado dos clubs de lectura do IES Rafael Dieste, do IES Menéndez Pidal, do IES Monelos e do IES Agra do Orzán.
Deixámosvos tamén a información elaborada polo club de lectura sobre esta interesantísima obra, pósters que estarán expostos xunto cunha pequena mostra das súas obras na entrada do instituto .
xoves, 1 de febreiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)