Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Se existe algún acubillo, é a literatura" Andrea Maceiras

domingo, 25 de outubro de 2015

Día da Biblioteca Escolar

Cada 24 de outubro, celébrase no noso país un evento moi especial para nós: 
O DÍA DA BIBLIOTECA
Ese día  réndese unha merecida homenaxe  aos bibliotecarios e bibliotecarias polo seu fantástico labor para fomentar a lectura.
Na nosa biblioteca aproveitamos esta data para organizar unha xeira de sesións co obxectivo de formar aos nosos lectores máis novos na procura de libros dentro da nosa biblioteca.

A presentación queda como segue:
Calquera sitio pode ser bo para montar
 unha boa biblioteca.
Qué vos parece esta?

luns, 5 de outubro de 2015

GRAN CONCURSO DE EPITAFIOS

SAMAÍN 2015



II CONCURSO DE EPITAFIOS
BASES:


1.               Poderá participar todo o alumnado que o desexe de calquera nivel. Poderanse presentar un máximo de cinco epitafios por alumn@.
2.               Os textos deben estar redactados en lingua galega, SER ORIXINAIS,  graciosos ou líricos, pero non poderán ser ofensivos.
3.               Os traballos poden presentarse en materiais como cartón, cartolina… e en calquera formato, pero procurando imitar a forma dunha lápida. O nome do autor ou autora figurará pola parte de atrás, así como o curso e o grupo.
4.               Premiarase a orixinalidade e a corrección lingüística.

5.               A data límite de entrega será o xoves 29 de outubro.

6.               O xurado estará formado por docentes.

PREMIOS:

Haberá un 1º, un 2º e un 3º premio, que serán agasallados con:
*      Un CD de música ou ben película a escoller polo alumnado premiado
*      Un USB
*      Entradas de cine


Que teñades unha sorte …. DE MORTE!!!!!