Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Se existe algún acubillo, é a literatura" Andrea Maceiras

domingo, 29 de novembro de 2015

Homenaxe a Neira Vilas

O venres 27 falecía na súa casa de Gres (Vila de Cruces) o autor de Memorias dun neno labrego, a obra que se pode considerar como o maior best-seller da literatura galega. 

Con este vídeo editado pola librería Cartabón de Vigo, a biblioteca deste centro quere unirse a un sentido homenaxe a este inesquecible valor da nosa cultura.


NEIRA VILAS na nosa biblioteca


martes, 24 de novembro de 2015

Violencia de Xénero: I Concurso de Conto ou Relato Breve

I Concurso de Conto
ou Relato Breve

IES MONTE DAS MOAS


A Biblioteca e os Departamentos de Lingua Galega e Castelá  organizan un concurso para os grandes escritores dos últimos cursos do centro (4º de ESO, 1º e 2º de BAC.)

·        TEMAS

-       Violencia de Xénero
-       Paz
-       Guerras
-       Conflitos
-       Violencia en xeral

·        PRESENTACIÓN:

Poderanse presentar relatos nun mínimo espazo dun folio e nun máximo de tres, que cumpran os seguintes requisitos:
-       Lingua galega ou castelá
-       DinA4
-       Dobre espazo
-       Calibri 12

·        DATA DE ENTREGA

Convocamos o concurso o día 25 de novembro (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero) e a data límite de entrega será o venres 19 de febreiro.

·        FORMA DE ENTREGA DOS RELATOS

Os relatos serán entregados en man na biblioteca, nun sobre anónimo cun lema ou título. Dentro e noutro sobre pechado, constarán os datos dos concursantes, (nome, apelidos e curso).

·        PREMIOS

Haberá un primeiro, un segundo, un terceiro premio e a posibilidade dun accésit ou ben de declaralo deserto no caso de non cumpriren os requisitos arriba mencionados.
1º PREMIO: 50€  nunha tarxeta FNAC
2º PREMIO: 30€   “           “         “
3º PREMIO: 20€   “            “         “

·        XURADO

O xurado estará formado por persoal docente

Os textos pasarán a ser propiedade do IES Monte das Moas para unha posible utilización como guións teatrais, vídeos, sombras chinesas, etc



Violencia de Xénero. Un experimento social.

A violencia de xénero non entende de países, nin de clases sociais, nin de razas...
Como mostra, mirade este impactante vídeo sobre a  reacción de cidadáns  de a pé ante conductas violentas contra mulleres nun ascensor. 
INCRIBLE!!!!

martes, 17 de novembro de 2015

Teatro de sombras chinesas: O vídeo

Por fin podemos presentarvos o vídeo coa gravación completa do teatro de sombras chinesas que se está a representar durante todo este mes no instituto. Son algo menos de 12 minutos que ilustran un grandísimo traballo de meses que hai detrás.
Grazas a tod@s os que conseguistes que este proxecto saíra adiante.

Os tres irmáns from Biblioteca Monte das Moas on Vimeo.

domingo, 15 de novembro de 2015

Premiad@s no concurso de Epitafios

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe sobre o Concurso de Epitafios no que resultaron premiados:
1º Premio: Alba González de 1ª ESO A con 7 puntos
2º Premio: Lucía Gándara de 2º ESO C  con 6 puntos
Dous 3ºs Premios para Antón Liñares de 1º ESO D e María Rey de 1º ESO E, ámbolos dous con 4 puntos.

xoves, 12 de novembro de 2015

Formación de Usuarios: As fotos

Un ano máis fixemos unha pequena sesión de Formación de Usuarios da Biblioteca para todo o alumnado de 1º de ESO. Trala sesión de formación houbo un pequeno concurso para comprobar o grao de atención á explicación e esta semana entregamos os agasallos aos gañadores:

1º A: Martina, Alba, Alejandra e Tabitha
1º B: José Luis, Lilibeth, Andrea Castañedo e Sergio
1º C: Lorena, Laura, Ángel e Aitor
1º D: Francisco, Mario, Pablo e Antón.
1º E: Oliver, Iago, Carla e Andrea López.

Aquí tendes un collage con algunhas das fotos.

luns, 9 de novembro de 2015

Sombras Chinesas

Hoxe vimos de representar a magnífica adaptación dun conto da autora J.K. Rowling en formato de sombras chinesas. Un traballo colaborativo de moita envergadura baixo a batuta do profesor Rafael Alonso.

Parabéns a tod@s @s que fixeron posible este pequeno gran traballo, en especial aos actores e ao departamento de debuxo.

Deixámosvos aquí a carteleira e unhas poucas fotos á espera de montar o vídeo que dá conta de todo o espectáculo.

Sombras Chinesas no IES Monte das Moas on PhotoPeach

martes, 3 de novembro de 2015

Exposición "O Patrimonio Marítimo de Galicia"

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, e xunto cunha exposición de novidades de divulgación científica na bilioteca, vimos de presentar unha exposición no centro cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) :
O Patrimonio Marítimo de Galicia.
Para traballar con dita exposición, a biblioteca elaborou un cuestionario orientado ao alumnado da ESO para o seu aproveitamento nas materias de Galego, Xeografía e Historia, Ciencias Naturais ou ben nas horas das titorías.

A exposición estará no centro ata o día 18 deste mes
Podes descargar a folla de traballo AQUÍ

Día da Ciencia en Galego

Mañá 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego.


Ofrecémosvos na biblioteca dúas esposicións co gallo de tan interesante día:
-  Por unha banda unha pequena mostra das novas adquisicións de libros con temática científica en GALEGO
- Por outra, unha extensión da exposición instalada no corredor "O Patrimonio Marítimo de Galicia" .
Con estas dúas accións queremos aunar a cultura científica na nosa lingua e a etnográfica.

Para os alumnos de 1º de BAC haberá unha videoconferencia no salón de actos ofrecida pola Coordinadora Galega de ENDL na que o científico Xurxo Mariño da USC lles ofrecerá unha charla.