Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Se existe algún acubillo, é a literatura" Andrea Maceiras

luns, 29 de febreiro de 2016

Minicampus dos premios Buero Vallejo

O grupo de teatro do instituto asistiu o sábado 27 de febreiro aos Minicampus dos Premios Buero Vallejo organizados pola Fundación Coca-Cola nas instalacións do Ágora, A Coruña. Así puideron disfrutar  de leccións prácticas de coñecidos artistas nas especialidades de Voz, por Paloma de Pablo, Interpretación, por Tito Asorey, ou Improvisación, por Carles Castillo. Unha experiencia inesquecible onde contactaron con membros de diferentes grupos teatrais de toda Galicia. Noraboa á Fundación Coca-Cola e grazas.




Os rapaces asistiron co profesor Rafael Alonso, responsable do grupo de teatro no IES Monte das Moas

venres, 26 de febreiro de 2016

CONCURSO DE RELATO BREVE

CONCURSO DE RELATO BREVE CON FONDO DE MITO CLÁSICO

A Biblioteca de IES Monte das Moas  a través do Departamento de Clásicas convoca o Primeiro Concurso de” Relatos Breves” que se rexerá polas seguintes bases:
1.- Poderán concorrer a este certame os alumnos/as de 3º e 4º da ESO e 1º e 2 de Bach.
2.-Os traballos terán como referencia un mito clásico*
3.- A extensión dos traballos non poderá exceder as 1600 palabras,( 4  folios tamaño A-4 a dobre espazo).
4.-Os traballos deberán presentarse nun sobre, asinado cun pseudónimo e logo introducirase neste , outro cos datos persoais do autor/a.
5.-O xurado, que será dado a coñecer ó emitirse o fallo, terá ademais das facultades normais de otorgar ou declarar deserto o premio, as de interpretar as presentes bases.
6.-O prazo máximo de recepción dos traballos será o 15 de Maio do 2016. Mentres que o prazo de resolución do procedemento será o 30 de Maio do 2016.
7.- HABERÁ DÚAS CATEGORÍAS:
NIVEL ESO
NIVEL BACHARELATO
1º Premio : 40 €
2º Premio: 30€
3º Premio: 20€
1º Premio : 40 €
2º Premio: 30€
3º Premio: 20€

·         Na mesma Biblioteca habilitarase un espazo para que os alumnos/as ,  que queiran, consulten as mitoloxías necesarias. . Tamén se lles aportarán unha lista de mitos clásicos coas correspondentes citas do texto.

·         O Departamento de clásicas responderá a calquera aclaración  que se queira facer respecto a este Concurso.

mércores, 24 de febreiro de 2016

Visita de Andrea Maceiras. O vídeo

Presentamos aquí unha pequena recompilación de fotos e anacos da interesantísima charla que a escritora Andrea Maceiras ofreceu no noso centro e á que nos acompañaron alumnado do IES Monelos e do IES Rafael Dieste o pasado martes 16.


mércores, 17 de febreiro de 2016

Premios "DADO" de Videoanimación Lectora

Premios dAdO
 DE Videoanimación Lectora
BASES:

OBXECTIVO: Concurso de Animación á lectura a través da creación de vídeos feitos co móbil

FORMATOS:
1ª CATEGORÍA: Vídeo individual sen ningún tipo de edición. Poderán participar unicamente os alumnos participantes nos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro comentado non ten necesariamente que ser un dos lidos nos clubs. Duración: 2 ou 3 minutos. PREMIOS:   1º premio: 50 euros nun vale por libros; 2º premio: 30 euros nun vale por libros; 3º premio: 20 euros nun vale por libros.
2ª CATEGORÍA: Vídeo grupal ao redor dun libro traballado nos clubs (mínimo 3 partipantes) feito sen nengún tipo de edición. Os equipos deberán estar constituidos por rapaces que actualmente participan nun club de lectura do Grupo Dado e centrarse nun libro que se leu ou se está a ler. Duración: 4 minutos máximo.  PREMIOS:  1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine
3ª CATEGORÍA: Vídeo individual editado. Coas mesmas características que na primeira categoría pero incluíndo a edición, os alumnos participantes poderán non pertencer aos clubs de lectura. Duración: 2 ou 3 minutos.  PREMIOS:  1º premio: 30 euros nun vale por libros; 2º premio: 20 euros nun vale por libros

CARACTERÍSTICAS QUE SE VALORARÁN:
Conseguir persuadir os espectadores para que lean o libro que se presenta, ser orixinais no tratamento da información, mostrar un discurso organizado, adecuar o rexistro lingüístico á situación, utilizar correctamente a voz e usar creativamente a linguaxe non verbal. A lingua utilizada deberá ser o galego.


DATA DE ENTREGA: 18 de marzo enviando o vídeo a través de correo gmail a premiosdado@gmail.com Os nominados serán convocados a unha Gala no Ágora, na Semana das Letras Galegas, onde se farán as proxeccións dos mellores vídeos e a entrega de premios. Nas mensaxes que se manden cos vídeos ten que figurar o nome do alumno, centro e categoría pola que se participa.

Máis información na túa biblioteca escolar ou en http://lecturacoru.blogspot.com.es/


domingo, 14 de febreiro de 2016

VISITA de ANDREA MACEIRAS

O martes 16 de febreiro contaremos coa presenza da autora galega Andrea Maceiras que nos falará, entre outras cousas, da súa obra "Miña querida Sherezade". Aínda que a charla está pensada para alumnado de 3º de ESO, tanto profesores como pais que queiran acudir están por suposto invitados ao evento.

venres, 5 de febreiro de 2016

AS MIL E UNHA NOITES

Presentamos aquí un traballo moi interesante elaborado polo grupo de Lectores Rebuldeiros de 3º da ESO sobre a obra de Andrea Maceiras Miña Querida Sherezade.

martes, 2 de febreiro de 2016

Celebrando a Paz: A II Guerra Mundial e as súas consecuencias..

Non te perdas a exhibición que montamos na biblioteca para conmemorar a paz trala Segunda Guerra Mundial. 
  • ·         A contenda en imaxes (carteis e fotos da época)
  • ·         A guerra a través dos obxectos.
  • ·         A prensa da época
  • ·         As consecuencias.