Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Se existe algún acubillo, é a literatura" Andrea Maceiras

domingo, 23 de outubro de 2016

Voluntariado na biblioteca

O pasado venres 21 fixemos entrega dos diplomas expedidos pola Xunta a todas as alumnas que o curso pasado realizaron labores de axuda á xestión na biblioteca.

Noraboa a todas, e MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración.


martes, 18 de outubro de 2016

O PAPAGAIO. Nova revista na biblioteca.

Presentámosvos O PAPAGAIO, publicación mensual da editorial Moito Conto pensada especialmente para as escolas
Unha morea de contidos divertidos, interesantes e instrutivos. Vaivos gustar un montón
.

domingo, 16 de outubro de 2016

Concurso de Microrrelatos de Medo

A biblioteca do IES Monte das Moas  e o departamento de Lingua Castelá organiza un 

Concurso de MICRORRELATOS para 2º de ESO.


Tema: MEDO/TERROR

PRESENTACIÓN: en medio folio, un máximo de 10 liñas, escritos a ordenador a dobre espazo, calibrí 12. Os datos persoais  (nome, curso) por detrás.

DATA E LUGAR  DE ENTREGA: 15 novembro, na caixa de suxestións da biblioteca.
O 22 daranse a coñecer os seleccionados.

PREMIOS: 1º e 2º premios consistentes en regalos sorpresa relativos ao Samaín

Poderá declararse deserto e tamén pode haber algún accésit.

XURADO:  persoal docente e alumnado de 2º de Bach.


Os textos pasarán a ser propiedade do IES Monte das Moas  para unha posible publicación.


Concurso de EPITAFIOS

SAMAÍN 2016

III CONCURSO DE EPITAFIOS
BASES:


1.               Poderá participar todo o alumnado que o desexe de calquera nivel. Poderanse presentar un máximo de cinco epitafios por alumn@.
2.               Os textos deben estar redactados en lingua galega, SER ORIXINAIS,   graciosos ou líricos, pero non poderán ser ofensivos.
3.               Os traballos poden presentarse en materiais como cartón, cartolina… e en calquera formato, pero procurando imitar a forma dunha lápida. O nome do autor ou autora figurará pola parte de atrás, así como o curso e o grupo.
4.               Premiarase a orixinalidade e a corrección lingüística.

5.               A data límite de entrega será o VENRES 4 de NOVEMBRO na biblioteca.

6.               O xurado estará formado por docentes.


PREMIOS:

Haberá un 1º, un 2º e un 3º premio, que serán agasallados con regalos sorpresa relativos ao Samaín.
      
Que teñades unha sorte …. DE MORTE!!!!! 


sábado, 15 de outubro de 2016

Bob Dylan: Premio Nobel de Literatura.

BOB DYLAN, como cambiaron as cousas!!!

O cantautor estadounidense de case 76 anos foi galardoado este xoves pasado co máis prestixioso premio das letras.

Inesperado aínda que merecido galardón (é a primeira vez que a academia sueca nomea a un músico) abre as portas a todos eses poetas da música que hai espallados polo noso planeta. Que siga medrando a lista, non hai cousa máis fermosa que a poesía para os oídos.
Se queredes saber máis deste artista, podedes mirar a súa páxina oficial, ligada ao seu nome, ou ben aquí.
Deixámosvos un vídeo ... para gozar.

mércores, 5 de outubro de 2016

Curso de "Youtubers" na biblioteca do Castrillón

A biblioteca do Castrillón pasounos esta interesantísima información sobre un cursillo para realizar vídeos de animación á lectura.

ANIMÁDEVOS!!!!