Biblioteca do IES MONTE DAS MOAS
"Se existe algún acubillo, é a literatura" Andrea Maceiras

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non-violencia.
Queres saber por que ou desde cando se celebra?
Pincha na foto e o veredes. Na páxina web ofrécense múltiples recursos para traballar a temática da paz.

E lembrade....se sodes de 4º de ESO ou de  1º de Bac, hai convocado un concurso de relatos no que queremos que nos contedes AS OUTRAS HISTORIAS POSIBLES.



Microrrelatos de Terror

Presentamos unha pequena publicación cos 4 relatos gañadores no concurso de Microrrelatos de Terror convocado pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá no mes de novembro. Esperamos que vos gusten.

Murais contra a Violencia de Xénero

Amosamos aquí os murais presentados polo noso alumnado, xunto con outros dos colexios da contorna, o concurso promovido pola PLATAFORMA VECIÑAL COTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO coa que colaboramos.



xoves, 19 de xaneiro de 2017

Marilar Aleixandre ingresou o 14 de xaneiro como membro numerario da RAG

Marilar Aleixandre (1947. Madrid), foi pioneira no ensino das ciencias en lingua galega e figura relevante na investigación en didáctica das ciencias en Europa. Na actualidade é Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC,
Como escritora de literatura infantil e xuvenil, é  muller comprometida e moi reivindicativa, foi  premiada repetidas veces e ten publicadas ata a actualidade 20 obras. Sóanvos : A banda sen futuro , ou  A expedición do Pacífico,...?
A autora tamén escribe literatura para adultos, poesía e ensaio, e seguro que lestes unha das súas traducións  Harry Potter e a pedra filosofal .
Na RAG ocupará a vacante deixada por Xosé Neira Vilas. No seu discurso de ingreso“Voces termando da paisaxe galega”, reafirma dúas das constantes como escritora: o respecto polo medio natural e a defensa do feminismo,
 A nova académica ocupará así o sillón que quedou baleiro tras o falecemento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá un discurso titulado 'Voces termando da paisaxe galega', ao que responderá a membro numerario da RAG Fina Casalderrey.
Marilar Aleixandre, nacida en Madrid en 1947, chegou a Galicia a mediados dos 70 para empezar a traballar como catedrática de ensino secundario en Vigo. En terras galegas, participou activamente na resistencia clandestina ao franquismo, foi líder do movemento veciñal e participou na fundación da primeira asociación feminista galega, entre outras cuestións.


Marilar na nosa biblioteca:

martes, 17 de xaneiro de 2017

CONTOS DE GUERRA E PAZ. As outras historias posibles

Concurso de relato curto




“Contos de Guerra e Paz”
A Biblioteca do IES Monte das Moas convoca un concurso  de creación literaria para celebrar o Día da Paz
BASES:
·         Pode concursar todo o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
·         O concurso consistirá na elaboración dun relato baseado nun dos cadros da exposición da  biblioteca.
·         Os relatos deberán ter entre 200- 250 palabras e estar escritos en galego. Entregaranse por correo electrónico no seguinte enderezo: bibliomontemoas@gmail.com  antes do 10 de febreiro cos datos d@s autor@s (nome completo e curso).
·         O texto consistirá nunha historia orixinal e baseada nos personaxes ou as situacións que aparecen no cadro escollido. Trátase de contar “as outras historias posibles”.
·         É imprescindible indicar o número do cadro seleccionado e elaborar un título axeitado para os relatos que se presentan.

XURADO:
O xurado estará composto por membros do equipo de dinamización da biblioteca
PREMIO:
1º Premio : Tarxeta FNAC por valor de 40 euros
2º premio: Tarxeta FNAC por valor de 20 euros
3º premio: Dúas entradas de cine
Os premios poden quedar desertos de non cumprir coa calidade axeitada ou coas condicións de presentación.

Os relatos gañadores pasarán a ser propiedade da biblioteca para a súa  posible publicación posterior.