Biblioteca e EDLG do IES MONTE DAS MOAS
"Ler é soñar da man do outro" Fernando Pessoa

mércores, 15 de maio de 2024

EXPOSICIÓN SOBRE A MÚSICA EN GALEGO NO MES DA POETA MUSICAL LUÍSA VILLALTA

Durante este mes das Letras e tendo en conta a homenaxe a unha poeta tan musical como a coruñesa Luísa Villalta, desde o EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición sobre música galega tendo en conta o enorme éxito e proxección que están a ter tantas bandas e artistas galegos de múltiplos estilos no panorama musical actual e mesmo máis alá das nosas fronteiras.

O alumnado desde 1º ESO até 1º Bach traballou sobre diferentes grupos ou músicos e músicas que desenvolven a súa creatividade musical en diferentes estilos na nosa lingua.

No vestíbulo da escola podedes ver as cartolinas tan coloridas e creativas que deseñaron para aprender moitas cousas sobre variados e exitosos grupos. En cada cartolina hai un código QR que nos liga a unha canción escollida por cada alumna/o e que tamén soa e pode verso o seu videoclip na televisión do vestíbulo da entrada do IES Monte das Moas.


















luns, 13 de maio de 2024

ENCONTRO LITERARIO CON PAULA CARBALLEIRA

No día de hoxe estivo con nós a escritora, poeta, dramaturga e actriz, Paula Carballeira. O encontro desenvolveuse ao abeiro do programa de Encontros con Escritores convocado pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura @librolecturagob.

Estivo con ela o alumnado de 1⁰ da ESO, que leu nas aulas de Lingua Galega e Literatura Trece avisos. A autora explicounos cómo xurdiu o libro, falou do que era un "aviso" na nosa cultura, reflexionou sobre o que nos produce medo, das referencias culturais ao medo que coñecemos e, sobre todo, entretívonos con fantásticas historias de terror. Para rematar interpretou un conto de medo nos que nos meteu uns cantos sustos. 

O alumnado de 4º ESO len nas aulas de literatura galega a peza teatral As alumnas e o grupo de 4º que cursa portugués puido achegarse tras o acto a saudar e coñecer a escritora e intercambiar algunhas impresións sobre a obra que len e sobre o seu proceso de creación tanto poética como teatral. Nas aulas de Português leron e traballaron coa tradución a esta lingua do poemario da autora, Há quem escolha os caminhos mais longos.

Grazas, Paula, por vir coñecernos e amenizar a nosa xornada!! E inmensamente agradecidas de poder contarmos na nosa escola cunha Premio Nacional de Dramaturxia tan interesante, tan fantástica e cercana coma ti!! Esperamos poder contar axiña contigo de novo!!








martes, 7 de maio de 2024

VÍDEOS DO ATSF NO IES MONTE DAS MOAS

Nesta entrada deixámosvos os vídeos que amabelmente nos enviaron persoas coñecidas da nosa cidade e do panorama cultural galego: muralistas como Raquel Xermade, escritores do barrio como Carlos Meixide, actores como Federico Pérez, músicos como Brais Morán, Xoán Curiel, Aida Saco Beiroa, Ugia Pedreira ou a nosa rapazada e canteira da música tradicional de Donaire, xornalistas de Radio Marca ou profesoras universitarias como Leticia Eirín, ex alumna de Moas, quixeron enviar o seu apoio á campaña respondendo á petición que lles fixemos desde o noso EDLG. 

Na música, na radio, na arte, na universidade, no cinema, na nosa rica cultura contemporánea tamén se fala galego!!

VÍDEO DA CAMPAÑA AQUÍ TAMÉN SE FALA NO IES MONTE DAS MOAS

Velaquí tedes o vídeo final da Campaña Aquí tamén se fala que se desenvolveu durante este curso en moitísimos centros educativos da Galiza. 

Esta foi a nosa contribución desde o IES Monte das Moas: as alumnas e alumnos da ESO e de Bacharelato convertéronse en dinamizador@s lingüístic@s dos barrios do Castrillón, dos Castros, da Gaiteira e de Eirís e contaron coa amabilidade e participación de moit@s traballador@s do comercio local da nosa contorna.

Moitas grazas a todas as persoas participantes e si, nestes barrios coruñeses tamén queremos a nosa lingua e Aquí tamén se fala galego!!

mércores, 1 de maio de 2024

MÚSICA EN GALEGO NOS RECREOS E NA SAÍDA DO INSTITUTO

Deseño de Alberto Pombo
O EDLG coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Departamento de Xeografía e Historia botou a andar un proxecto no que participa todo o alumnado desde 1º ESO ata 1º Bach.

Deseñaron cartolinas sobre artistas e grupos de música en galego de todos os xéneros nas que inclúen un código QR que nos leva a unha canción dese grupo que cada persoa escolleu. A exposición poderase visitar nos corredores da nosa escola durante o mes de maio.

E velaquí tedes a listaxe coas seleccións do alumnado que soará durante os recreos e á saída do instituto durante o mes das Letras para darlle visibilidade ao enorme potencial da música galega actual.

martes, 30 de abril de 2024

CHARLA SOBRE O BANCO DE ALIMENTOS DE A CORUÑA

Onte os alumnos de 1º ESO desfrutaron dunha charla cun responsable do Banco de Alimentos de A Coruña, RIALTA. A actividade ven promovida pola Biblioteca e relacionada co noso Mercado Solidario de Libros, xa que os produtos recollidos irán destinados a este organismo, que recopila e distribúe alimentos a outas asociación e ONG da cidade. Con sedes en varias cidades da provincia, chegan a máis de 20.000 persoas na cidade de A Coruña.

Recorda, ata mediados do mes de maio estaremos recollendo alimentos por libros. Para cada un de nós, un kilo supón pouco, pero se participamos todos pode supoñer moito para a xente necesitada que temos máis cerca.




  Se queredes poñervos en contacto, podedes visitar a súa páxina web.


CONCURSO DE MICRORRELATOS

Como parte das actividades que facemos polo día do libro, xa están expostos os finalistas da terceira edición do Concurso de Microrrelatos que facemos todos os anos, en colaboración co departamento de Lingua Castelá. Este curso tivemos que escribir en torno a unha viaxe, pois este é o tema que estamos a traballar desde a Biblioteca como proxecto interdisciplinar.

Temos tres premios para tres categorías: 1⁰ e 2⁰ de ESO, 3⁰ e 4⁰ de ESO e 1⁰ de BAC. 
Hai relatos moi interesantes e dunha grande calidade literaria! Noraboa aos preseleccionados!
Nun par de semanas publicaremos os gañadores. Moita sorte! 🍀













xoves, 25 de abril de 2024

DESENHOS DE LIBERDADE PARA COMEMORAR O 50 ANIVERSÁRIO DO 25 DE ABRIL

Nas turmas de português da ESO realizaram estes desenhos para comemorar o 50 aniversário a Revolução dos Cravos e o 25 de abril para lembrar a importância de lutar pacificamente pela liberdade!!